RECOLLIDA DE DORSAIS E CAMISETA CONMEMORATIVA
Probas escolares:
a partir das 09.00 horas no lugar de saída (a carón da piscina municipal dos Tilos) e ata 30’ antes da súa proba.
Proba absoluta:
a partir das 15:30 horas no lugar da meta (alto de Montouto – Nave de Augas de Teo) e ata 30’ antes do inicio da proba respectando o horario de autobuses establecido pola organización.
Andaina:
a partir das 15:00 horas no lugar da meta (alto de Montouto – Nave de Augas de Teo).
Nota informativa: Todo/a atleta que entre na liña de meta sen o seu dorsal ou sen que estea debidamente colocado na parte anterior do corpo en toda a súa extensión será automaticamente descualificado
SERVIZO DE AUTOBUSES E DE ROUPEIRO NA PROBA ABSOLUTA E NA ANDAINA:
Unha vez recollido o dorsal os/as atletas adultos/as e participantes na andaina que o necesiten serán trasladados en autobús ata o punto de saída.
Horario de saída dos autobuses:
Andaina: 16:15 h
Carreira absoluta: a partir das 16:15 h, o último sairá ás 17.05 h
Haberá servizo de roupeiro na liñas de saída (Bamonde) e meta (Nave de Augas de Teo).